Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 1996 Páx. 1.588

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO PARA AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 87/1996, do 26 de xaneiro, sobre ampliación de servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Automa de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de ensino.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1881, do 6 de abril, establece no artigo 31 que a Comunidade Autónoma galega ten competencia plena en materia de ensino.

Polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, se operou o traspaso de funcións e servicios en materia de educación á Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece, segundo os termos do seu artigo 4.4º e disposición derradeira primeira, que os títulos académicos e profesionais correspondentes son expedidos polas administracións educativas que se encontren en pleno exercicio das súas competencias educativas, nas condicións previstas na dita lei e polas normas básicas e específicas que para o efecto se dictan. As ditas normas básicas e específicas foron establecidas mediante o Real decreto 733/1995, do 5 de maio.

En consecuencia, procede amplia-los citados servicios traspasados cos relativos ós de expedición de títulos académicos.

A comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia adoptou ó respecto o oportuno acordo na súa sesión do Pleno celebrado o día 21 de decembro de 1995, a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro para as Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, polo que se amplían os servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, adoptado polo Pleno da dita comisión na súa sesión do día 21 de decembro de 1995, e que se transcribe como anexo ó presente real decreto, nos termos alí especificados.

Artigo 2º

A data de efectividade será a sinalada no referido acordo da comisión mixta.

Disposición derradeira única

O presente real decreto será publicado asemade no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, e adquirirá vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Madrid o vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Xoán Carlos R.

Juan Lerma Blasco

Ministro para as Administracións Públicas

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da Comisión Mixta, celebrada o día 21 de decembro de 1995, se adoptou un acordo polo que se amplían os servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación, nos termos que a seguir se expresan:

A) Referencia a normas constitucionais, estatutarias e legais nas que se ampara a ampliación.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 31 a competencia plena da Comunidade Autónoma gallega en materia de ensino.

Polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, foron traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servicios en materia de educación.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece, segundo os termos do seu artigo 4.4º e disposición derradeira primeira, que os títulos acedémicos e profesionais correspondentes son expedidos polas administracións educativas que se encontren en pleno exercicio das súas competencias educativas, nas condicións previstas na dita lei e polas normas básicas e específicas que para o efecto se dicten. As ditas normas básicas foron establecidas mediante o Real decreto 733/1995, do 5 de maio.

Finalmente, na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia e o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, establecen as normas que regulan a forma e condicións a que se deben axusta-los traspasos de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

Polo presente acordo amplíanse os citados servicios traspasados cos relativos ós de expedición de títulos académicos.

B) Servicios que son obxecto da ampliación de traspasos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ensino non universitario e funcións correspondentes que esta asume.

Traspásase a función de expedición dos títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinan

zas establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, así como os servicios inherentes a ela.

O exercicio das funcións e servicios reseñados anteriormente efectuarase de acordo co previsto no artigo 149 da Constitución e no artigo 31 do Estatuto de autonomía para Galicia, garantindo, en todo caso, a igualdade dos españois no exercicio dos dereitos e deberes constitucionais.

No prazo dun mes desde a aprobación deste acordo asinaranse as correspondentes actas de entrega e recepción.

C) Data de efectividade.

A ampliación de servicios obxecto do presente acordo terá efectividade a partir do 1 de xaneiro de 1996.

E para que conste, expedímo-la presente certificación en Madrid o 21 de decembro de 1995.

Os secretarios da comisión mixta, Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín. Rubricado

1252