Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.505

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 60/1996, do 15 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto 33 RVL 95 Friol, alargamento e mellora da E.P. de Friol por Cimadevila á E.N. VI, p.k. 0,400/0,60.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 9 de xuño de 1995, aprobou o proxecto 33 RVL 95 Friol, alargamento e mellora E.P. de Friol por Cimadevila á E.N. VI, p.k. 0,400/0,60 e na sesión do 25 de setembro de 1995 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A Deputación remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 26 de decembro de 1995 de baixo o número 13780.

Os bens que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 8 de xaneiro 1996 co nº de rexistro de entrada 172.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, por figura-la obra nun plan ou programa financiado con fondos de cooperación local que por esixencias do orzamento deben acometerse coa maior urxencia, xa que a iniciación das obras debe acreditarse ante a Administración central na maior brevidade posible.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do consellerio de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído ó efecto e necesarios para a execución das

obras do proxecto 33 RVL 95 Friol, alargamento e mellora de E.P. de Friol por Cimadevila á E.N. VI, p.k. 0,400/0,60.

Santiago de Compostela, quince de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1201