Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 1996 Páx. 1.505

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1996, do tribunal designado para xulga-las probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor e a modalidade extraordinaria para o transporte internacional de viaxeiros e mercadorías, convocado por Resolución do 18 de xullo de 1995 da Dirección Xeral de Transportes (DOG do 27), pola que se elevan a definitivas as listas provisionais e se ordena a súa publicación nas materias que se establecen no punto primeiro desta resolución.

Este tribunal resolveu:

Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aprobados das actividades de transporte interior e internacional de viaxeiros e mercadorías; axencia de transporte, transitario e almacenista-distribuidor e a súa modalidade extraordinaria de transporte internacional de viaxeiros e mercadorías, que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Transportes, nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e nos servicios proviciais de transportes.

Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario nun prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, conforme ó establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do tribunal

1200