Examinados os expedientes instruídos por intancia dos titulares dos centros, solicitando autorización definitiva para a apertura e funcionamento de centros privados de educación secundaria.
Tendo en conta que os expedientes foron tramitados pola Delegación Provincial da Consellería de Educacion e Ordenacion Universitaria, que os remite cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral
non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta Consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.
Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas conforme o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.
Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.
Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan, deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1991, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 279/1991, do 1 de marzo (BOE do 8), e especialmente o establecido no seu anexo D, que establece as condicións particulares para o uso docente. Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal o autonómica.
Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1995.
Juan Piñeiro Permuy
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: Ferrol.
Localidade: Ferrol.
Domicilio: Pardo Bazán.
Denominación específica: La Salle.
Titular: Hermanos de las Escuelas Cristianas.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 3 unidades.
b) Centro de educación primaria: 12 unidades.
c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.
Provincia: A Coruña.
Concello: Pontedeume.
Localidade: Pontedeume.
Domicilio: estrada da Coruña, s/n.
Denominación específica: San José.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 3 unidades.
b) Centro de educación primaria: 6 unidades.
c) Centro de educación secundaria. 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.
d) Centro de formación profesional de primeiro grao: 2 unidades da rama administrativa e comercial, profesión administrativa.
0976