Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 1996 Páx. 1.451

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de febreiro de 1996 pola que se declaran de reserva exclusiva determinadas cuadrículas do polígono de viveiros Cangas D.

Por orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, de 19 de xaneiro de 1996 (DOG nº 23), apróbase a reordenación dos polígonos de bateas denominados C, D, E, F e G do distrito marítimo de Cangas e constitúense e delimítanse os novos polígonos C, D e E que substitúen os antigos.

No anexo da dita orde sinálase a situación xeográfica dos vértices do novo polígono Cangas D e indícase que consta de 90 puntos de fondeo, dos que 54 ocupanse con viveiros procedentes dos antigos polígonos D, E, F y G.

Os artigos 63 e 64 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, facultan a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para reservar en exclusiva zonas concretas e para o outorgamento de autorizacións temporais de carácter experimental en polígonos, sempre que se trate de proxectos que impliquen o desenvolvemento de novos programas, experiencias ou estudios.

Tendo en conta as graves repercusións que a proliferación de dinoflaxelados tóxicos está causando nos últimos anos sobre a producción da maior parte

dos viveiros situados en polígonos desta Comunidade Autónoma, as peticións do sector en demanda de zonas de reparqueo para autodepuración, e vistos os estudios realizados por técnicos da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, resulta de interese dispoñer de cuadrículas en zonas reservadas en exclusiva que presenten niveis baixos de toxicidade por fenómenos de floración fitoplantónica, para levar a cabo programas experimentais, en relación co establecemento de novos procesos de comercialización dos moluscos bivalvos cultivados en zonas afectadas pola marea vermella.

Por todo o que antecede,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

Decláranse reservadas en exclusiva as cuadrículas números do 74 ó 90, ambos inclusive, do polígono Cangas D do distrito marítimo de Cangas.

Artigo 2º.

O destino e condicións de outorgamento de ditas cuadrículas serán os señalados na Orde de 22 de marzo de 1994 (DOG nº 80) pola que se declaran de reserva exclusiva determinadas cuadrículas de diversos polígonos de viveiros fluctuantes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facultase o director xeral de Marisqueo e Acuicultura para dictar as resolucións que foran precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

1094