Visto o expediente incoado por Mª Dolores Carballo Leiro, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Caterine nº 2, outorgado pola orde ministerial do 5-11-1958 (BOE nº 298), situado na cuadrícula nº 25, do polígono C de Cangas, rematando a concesión o 13-12-2003, e do que era titular Celso Carballo García.
Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o cuaderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cas expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Dolores Carballo Leiro e Dolores Leiro Paz.
Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.
Vigo, 25 de xaneiro de 1996.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Juan M. López García
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
985