Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 1996 Páx. 1.450

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 25 de xaneiro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Italfer número 1.

Visto o expediente incoado por Cristobal Carballo Leiro, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón denominado Italfer nº 1, outorgado pola orde ministerial do 23-6-1958 (BOE nº 176), situado na cua

drícula nº 44, do polígono F de Cangas, rematando a concesión o 24-7-2003, e do que era titular Celso Carballo García.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o cuaderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cas expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Cristóbal Carballo Leiro e Dolores Leiro Paz.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 25 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

984