Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.424

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMUNIDADE DE MADRID

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Obras Públicas, Urbanismo e Transportes, pola que se procede á publicación da resolución en materia de transportes que se cita (expediente 11-BD-05373.1/1994).

Por non ser posible practicar no domicilio do seu destinatario a notificación que se relaciona no anexo, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para efectos do disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27).

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Obras Públicas, Urbanismo e Transportes no prazo dun mes contado a partir da publicación da presente resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Madrid, 26 de xaneiro de 1996.

Jesús Mora de la Cruz

Secretario xeral técnico da Consellería de Obras Públicas, Urbanismo e Transportes

ANEXO

-Denunciado: Algatel, S.L.

-Último domicilio coñecido: Rosalía de Castro, 131, 15300 Betanzos (A Coruña).

-Infracción: non levar tarxeta visible (TPM).

-Preceptos infrinxidos: artigo 142 b) da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31). Artigo 198 b) do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, do Regulamento de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31).

-Expediente: 11-BD-05373.1/1994.

-Data da denuncia: 28-6-1994.

-Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987 e 201 do Real decreto 1211/1990.

-Sancionable por: 5.000 ptas.

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.