Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria, con data vintenove de decembro de mil novecentos noventa e cinco, adoptou os seguintes acordos:

1.-Aproba-lo proxecto técnico das obras denominadas 1ª fase apertura e urbanización rúa Porto do Río, que consta no expediente.

2.-Somete-lo proxecto aprobado a información pública polo prazo de quince días, simultaneamente ó anuncio de licitación.

3.-Aproba-lo prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación por concurso polo procedemento aberto das obras 1ª fase apertura e urbanización rúa Porto do Río, anunciándose a licitación no BOP que se adiara no suposto de presentarse reclamacións contra o proxecto.

Caldas de Reis, 23 de xaneiro de 1996.

O alcalde

Rubricado

1102