Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1996, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de depósito e distribución de material funxible no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto e urxente.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG 3-10-94) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público para a contratación do servicio de depósito e distribución de material funxible no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, por procedimento aberto e urxente.

Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de depósito e distribución de material funxible no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, por un importe total máximo de trinta millóns de pesetas (30.000.000 de ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: a duración do contrato será desde a súa sinatura ata o 30 de xuño de 1997. Antes da finalización poderá prorrogarse mediante acordo expreso das partes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, pode ser solicitados no rexistro xeral do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: 2 % do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4 % do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nas cláusulas 8-2.8 e 12-2 do prego de claúsulas administrativas particulares.

Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partires do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo do xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratacións, reunida en acto público na sala de actos do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, ás 10 horas do sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1996.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

0659