Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de reforma do Centro de Saúde de Crecente (Pontevedra).

-Obra: reforma do Centro de Saúde de Crecente (Pontevedra).

-Orzamento da contrata: 9.010.480 ptas.

-Prazo de execución: 2 meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Fianza definitiva: 360.419 ptas

-Forma de tramitación: urxente.

-Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos: os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería

de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación a presentar polos licitadores:

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No Sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rixe a adxudicación do contrato.

-No Sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 11 do P.C.A.P. que rixe o presente concurso.

Apertura de proposicións: realizaráse pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1996.

P.D. (Decreto nº 199, do 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

1160