Convocadas as probas selectivas para o acceso ó corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados, pola Orde do 28 de novembro de 1995, publicada no DOG nº 236, do 12 de decembro de 1995, de conformidade co establecido na base III.I da dita convocatoria, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-A composición do tribunal que deberá selecciona-los aspirantes para o acceso ó corpo superior da Xunta de Galicia, escala de letrados, será a seguinte:
Titulares:
-Presidente: José Vicente Alvariño Alejandro, xefe do Gabinete de Asuntos Constitucionais e Defensa Constitucional.
-Vocais:
Juan Carlos Trillo Alonso, maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
José Luis Meilán Gil, catedrático de dereito administrativo da Universidade da Coruña.
Jesús González Amillo, en representación das organizacións sindicais.
-Secretario: Roberto Calaza Parajes, asesor xurídico da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
Suplentes:
-Presidente: José Luis Rodríguez Fernández, xefe do Gabinete de Desenvolvemento Lexislativo.
-Vocais:
José María Arrojo Martínez, maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Fernando Lorenzo Merino, catedrático de dereito civil da Universidade de Vigo.
José Manuel Romero García, en representación das organizacións sindicais.
-Secretario: José Carlos López Corral, asesor xurídico da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Segundo.-Faculta-lo tribunal para que mediante anuncio público no DOG e demais anuncios corres
pondentes, fixe o lugar, a data e a hora de celebración do primeiro exercicio.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
1174