Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.380

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 56/1996, do 8 de febreiro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e na disposición transitoria primeira do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia e no que se establece que se ten que proceder á renovación total do consello, e logo da designación polos organismos representativos dos sectores con incidencia no ámbito educativo, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Cesan como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1. En representación de pais de alumnos propostos polas confederacións ou federacións de asociacións de pais de alumnos, en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

-José Luis Coladas Calvo (Confapa-Galicia).

2. En representación da Administración local, propostos polas federacións ou asociacións de concellos:

-José Luis Méndez Romeu (Concello da Coruña).

-Julio Calviño Rodríguez (Concello de Vigo).

-José Luis Torres Colomer (Concello de Ribeira).

-José Mª Castro Vázquez (Concello de Lugo).

-José Álvarez Cid (Concello de Ponteareas).

-José Toja Parajó (Concello de Santa Comba).

-Enrique Fernández González (Concello da Pontenova).

-Francisco Fernández Santiso (Concello de Guitiriz).

Artigo 2º

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1. En representación de pais de alumnos propostos polas confederacións ou federacións de asociacións

de pais de alumnos, en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

-José Gulías Varela (Confapa-Galicia).

2. En representación da Administración local, propostos polas federacións ou asociacións de concellos:

-Maite Fernández Piñeiro (Concello de Vigo).

-José Luis Méndez Romeu (Concello da Coruña).

-Jaime Rey Barreiro (Concello de Redondela).

-Manuel Varela Rey (Concello de Carballo).

-Juan M. Jiménez Morán (Concello de Verín).

-Antonio Lagares Pérez (Concello de Betanzos).

-Enrique Fernández González (Concello da Pontenova).

-José Carlos Sequeiros Pérez (Concello de Baños de Molgas).

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

1127