Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión extraordinaria, celebrada o día 21 de decembro de 1995, acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual do plan parcial Santa Comba e conseguinte modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana, redactado polo arquitecto municipal Eugenio Jiménez Passolas.

De conformidade co establecido no artigo 128, en relación co artigo 114 e 115 do texto refundido da Lei do solo, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño e artigo 127 do Regulamento de planeamento urbanístico, o dito expediente estará exposto ó público polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examinalo nas oficinas municipais de secretaría e presentar alegacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 11 de xaneiro de 1996.

Xoaquín X. Gago López

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273