Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do PERI U.A. 10 Fontes.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 30 de novembro de 1995, o PERI U.A. 10 Fontes (3252/411), presentando neste concello os días 29 de setembro e 4 de outubro de 1994 e 25 de abril de 1995, por Milagros Ferro Mouriño, consistente na documentación redactada polos arquitectos Antonio Davila, César Jiménez, Jesús Cordeiro e Luis Meijide, con visado do COAG os días 22 de xullo de 1994 e 24 de abril de 1995; sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e mais no taboleiro de anuncios do concello.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 9 de xaneiro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

384