Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai publica a adxudicación do concerto de asistencia sanitaria que se cita.

O director xeral de Recursos Económicos, cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 10.2º do Decreto 199/1994, do 16 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 123), acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de xestión de servicios públicos mediante o procedemento negociado seguinte:

Obxecto: prestación de servicios de asistencia sanitaria na área de Vigo.

Orzamento: 4.706.063.035 ptas.

Adxudicatario: Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa).

O que se fai publico para os efectos do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

1150