Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 7 febreiro de 1996 pola que se lles da publicidade a distintas adxudicacións de concursos públicos.

En cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 13/1995, de 18 de maio de contratos das administracións públicas, faise público que o órgano de contratación do IGAPE resolveu a adxudicación dos seguintes concursos públicos:

1. Concurso público para a contratación da subministración e instalación de equipamento para as salas de formación (lote 1) dos centros de innovación e servicios (CIS) en Ferrol, adxudicado á empresa Spica, S.L., polo importe de 5.400.000 ptas., IVE incluído.

2. Concurso público para a contratación do deseño, subministración e instalación dun laboratorio de autómatas programables para o Centro de Innovación e Servicios de Tecnoloxía (CIS-Tecnoloxía) en Ferrol, adxudicado á empresa Siemens, S.A., polo importe de 28.000.000 de ptas. IVE incluído.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1996.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

871