Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas pola instructora, nos expedientes sancionadores de pesca fluvial números 95/0072 e 95/0249.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. Os expedientes poden ser examinados na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, estas propostas, xunto con tódolos documentos que obran nos expedientes, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 19 de xaneiro de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Expediente: P-95/0072.

Denunciado: Carlos T. Díaz García.

DNI: 32.620.006.

Último enderezo coñecido: Cid, 13 baixo-Narón.

Feitos denunciados: pescar troitas de tamaño menor có regulamentario.

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 33.9º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 10.000 multa. 12.000 indem.

Expediente: P-95/0249.

Denunciado: Fernando J. Briges Valdemoro.

DNI: 14.877.364.

Último enderezo coñecido: Dr. Landa, 14. Sopelana (Bizcaia).

Feitos denunciados: pescar a menos de 50 metros dunha presa.

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 34.7º.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 multa. 1 ano Inhab.

821