Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de caza número 95/0062 e 95/0220.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4-1970), e máis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76, do 30-3-1971, Corrección erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o art. 49 do Regulamento de caza, en relación co R.D. 167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Admón. do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para aportaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 19 de xaneiro 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial de A Coruña

ANEXO

Expediente: C-95/0062.

Denunciado: Juan C. Don Insua.

DNI: 32.447.243.

Último enderezo coñecido: Sada de Arriba, 1. 15160 Sada.

Feitos denunciados: utilización de cans con fins cinexéticos en época de veda.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 48.2º 25.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 3.500 multa.

Expediente: C-95/0220.

Denunciado: José Fraga Bermúdez.

DNI: 32.402.189.

Último enderezo coñecido: Rodís, 4-Buzarelos. 15335 Cerceda.

Feitos denunciados: cazar en terreos de réxime cinexético especial sen permiso e sen licencia de caza.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 48.1º 8; 48.2º 1.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 10.000 multa. 1 ano inh.

819