Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación dos procedementos sancionadores de incendios que se citan (expediente número 235I/95/1 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7-12-1968), e mais do seu Regulamento, do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co R.D. 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servicios da Admón. do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta Consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas,consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme ó establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos - A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-08-1993).

A Coruña, 19 de xaneiro de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 235I/95/1.

Denunciado: Fernández Morán, Jesús.

DNI: 51.380.188.

Último enderezo coñecido: finca El Pantín, N 10. 15621 Cabanas (A Coruña).

Feito denunciado: abandonar restos susceptibles de provocar combustión.

Tipificación regulamento incendios:

Artigo: 136.J.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 5.000 ptas.

Expediente: 235I/95/2.

Denunciado: Pereda Rodríguez, Margarita.

Último enderezo coñecido: finca El Pantín, N 10. 15621 Cabanas (A Coruña).

Feito denunciado: abandonar restos susceptibles de provocar combustión.

Tipificación regulamento incendios:

Artigo: 136.J.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 5.000 ptas.

Expediente: 240I/95.

Denunciado: López Espino, Manuel.

Último enderezo coñecido: LG/Chantado 25-27. 15588 Narón.

Feito denunciado: abandono do lume.

Tipificación regulamento incendios:

Artigo: 138.B.

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

818