Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.303

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai público o novo modelo de permiso de explotación para o marisqueo a pé.

Mediante Resolución do 2 de xuño de 1994, publicada no DOG nº 123, do 28 de xuño de 1994, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, fixéronse públicos os modelos de permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira, figurando como anexo II o modelo correspondente ó permiso de explotación para o marisqueo a pé.

A experiencia adquirida ata o de agora na xestión e elaboración deste permiso, así como as innovacións tecnolóxicas que permiten a incorporación da fotografía do titular do permiso á súa tarxeta soporte, aconsellan unha revisión do seu diseño.

En consecuencia, ó amparo do disposto na disposición derradeira primeira da Orde do 31 de maio de 1995, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se regula a expedición e revalidación do permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-lo anexo II a que se refire o apartado segundo da Resolución do 2 de xuño de 1994, desta dirección xeral, pola que se fan públicos os modelos de permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira, (DOG nº 123, do 28 de xuño de 1994), segundo figura no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

1. O permiso consisitrá nunha tarxeta plástica personificada, a tres cores polo anverso e unha polo reverso.

2. No anverso da tarxeta, no seu ángulo superior dereito, figurará a fotografía en color do titular do permiso.

8182