Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

EDICTO do 4 de xaneiro de 1996 pola que se somete a información pública a aprobación inicial da reforma do estudio de detalle na Faísca.

O Pleno do Concello en sesión celebrada o día 24 de novembro, aprobou inicialmente a reforma do estudio de detalle da Faísca, na parroquia do Couto, promovida por Nivel Seis, S.L. e realizada polo arquitecto Miguel A. Crespo García.

Exponse ó público durante o prazo de quince días contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente quedará a disposición de calqueira que desexe examinalo na Unidade de Obras e Urbanismo, para formula-las alegacións que considere pertinentes.

Narón, 4 de xaneiro de 1996.

Xosé M. Blanco Suárez

Alcalde Acctal.