Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1996, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza en centros de atención primaria (C.P. 1/1996).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde

do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de limpeza en centros de atención primaria, por un orzamento de licitación á totalidade dos lotes de trinta e un millóns cincocentas setenta e cinco mil tres (31.575.003) pesetas, IVE incluído.

Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes nos que se divide o obxecto do contrato.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: será desde o 1 de abril ata o 31 de decembro de 1996.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na sede da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na Avda. de Zamora, 13-3ª planta, (subministracións), teléfono: (988) 38 64 37, fax: (988) 38 64 50, tódolos días laborables, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

Fianzas:

-Provisional, do 2% do importe de licitación correspondente ó lote/s a que se concorra. Deberá ser depositada previamente á licitación nalgunha das formas que establece o artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. No caso de ser constituída mediante aval, será suficiente a inclusión da póliza de entidade financeira pola que se formalice o aval.

-Definitiva, do 4% do orzamento de licitación correspondente ó lote/s dos que resulte adxudicatario.

Solvencia económica e financeira: acreditase por algúns dos medios indicados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios indicados no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1.-Número de horas de limpeza: ata 10 puntos.

2.-Frecuencia dos servicios: ata 6 puntos.

3.-Prezo ofertado: ata 5 puntos.

4.-Materiais, útiles e maquinarias que se empreguen: ata 2 puntos.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado

a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de con-

tratación a remisión da oferte mediante fax (988)

38 64 50, ou telegrama no mesmo día; de recibirse a oferta pasados 10 días naturais da data de finalización do prazo de presentación, ésta non será aceptada.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

Documentación que deberán xunta-los licitadores: os documentos que figuran na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrá por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

Ourense, 5 de febreiro de 1996.

Rosendo Luis Fernández Fernández

Director xerente de Atención Primaria de Ourense

935