Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 52/1996, do 1 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Tomiño (Pontevedra), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de saneamento do instituto, primeira fase.

O Concello de Tomiño (Pontevedra), en sesión celebrada o día 14 de agosto de 1995, aprobou o proxecto de saneamento do instituto, primeira fase e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 21 de decembro de 1995 de baixo o número 13650.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 1 de decembro de 1995, nº de Rexistro de Entrada 11403.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque a citada obra esta incluída no POS 95, polo que, de conformidade co disposto no artigo 34 do R.D.L. 781/1986 do 18 de abril, a mesma leva incorporada a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios nelas abranguidas para os efectos da súa expropiación forzosa. O atraso na execución delas, leva aparellada a perda das subvencións outorgadas para o efecto.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día un de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Tomiño (Pontevedra), para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente admi

nistrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de saneamento do instituto, primeira fase.

Santiago de Compostela, un de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

794