Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública sobre a urxente ocupación de bens e dereitos afectados para o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 10/1995 A.T.).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na Coruña, rúa Fernando Macías nº 2, na que se solicita a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para impoñe-la servidumbre de paso de enerxía eléctrica para o establecemento da instalación eléctrica seguinte:

Expediente número 10/1995 A.T.-Líña aérea para trasnporte de enerxía eléctrica a 20 kV, de 759 m de lonxitude desde o apoio nº 18 da liña Circunvalación Ourense ata o apoio proxectado co nº 9, lugar de enlace coa liña soterrada existente que dá servicio ó C.T. Rairo (Ourense) a dita instalación foi autorizada e declarada de utilidade pública por resolución desta delegación provincial con data 20 de xuño de 1995 (BOE do 20-7-1995, DOG do 13-9-1995 e BOP do 23-5-1995).

A relación concreta e individualizada dos interesados cos que a sociedade peticionaria non logrou acadar acordos par a súa adquisición ou indemnización amigable, foi publicada no BOP de Ourense nº 262 de 15-11-1995 e no xornal La Región nº 24447 do 17-11-1995.

O que se fai público coa finalidade de que calquera persoa, dentro dos 15 días seguintes á publicación deste anuncio e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación, poidan achegar por escrito os datos precisos para corrixir posibles erros na relación de bens afectados e os seus titulares, e así mesmo, para que os interesados, dentro do prazo

de quince días hábiles desde a publicación deste anuncio ou desde o seguinte á notificación que se lles practicará, poidan formula-las alegacións que coiden procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, que, se é o caso, deberán facer por escrito triplicado presentado no rexistro xeral desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, 1-5º, (Ourense).

Os interesados afectados podrán perdir, a través desta delegación provincial, que o peticionario lles facilite os datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens e a forma en que lles afecta a servidume.

Ourense, 22 de xaneiro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

917