Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública sobre declaración de urxente ocupación. (Expedientes número 4286 A.T. e 2441 A.T., expropiación número 154 e 155).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública por instancia da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na Coruña, r/ Fernándo Macías, 2, solicitando a declaración de necesidade de urxente ocupación ós efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre bens e dereitos que se afectan segundo dispón o parágrafo 1º do artigo 14 do citado regulamento. Descríbense na relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amistoso, para a execución das instalacións seguintes:

-Liña 20 kV e C.T. Vilar de Sarria, concello de Sarria, autorizada e declarada de utilidade pública, por resolución desta delegación e data 12 de xullo de 1995, expediente 4286 A.T.

-Liña 20 kV e C.T. en empalme (Monte, Outeiro, Sta. Xuliana), concello de Castroverde, autorizada

e declarada de utilidade pública por resolución desta delegación de data 21 de xullo de 1995, expediente 2441 A.T.

Os efectos do disposto no número 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da publicación desta resolución, que terá lugar no BOP e máis no xornal O Progreso, así como no Diario Oficial de Galicia, e os interesados en igual prazo, ós que se lles efectúa notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do aludido regulamento. A este efecto estarán expostos os expedientes cos planos de situación e parcelarios das instalacións nesta dependencia, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga 12-14, en horas de oficina.

En todo caso, os propietarios afectados poderán reclamar a través desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 16 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 4286 A.T.Provincia: Lugo.

Liña a: 20 kV e C.T. en Vilar de Sarria.Concello: Sarria.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºSitioCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

2A VeiguiñaMonteEnrique López FernándezVilarrairo, 1

27600-Sarria

1118288

5A RibeiriñaPradoJesús Díaz GudínVilar de Sarria, 45

27600-Sarria

211191.904

10CalderónLaborJosé López BeltránBarrio Vilar, s/n

27600-Sarria

54864

14A CortiñaLaborMatilde López LópezR/ Formigueiros, 105

27600-Sarria

10160

18Agra da RibaLaborMatilde López LópezR/ Formigueiros, 105

27600-Sarria

8128

19Agra da RibaLaborAbel Méndez VenceR/ Curros Enríquez, 9

27600-Sarria

22352

21Agra da RibaPradoJosé Luis López VázquezB. Vilar-Ribeira

27600-Sarria

7224350

Expediente nº: 2441 A.T.Provincia: Lugo.

Liña a: 20 kV e C.T. en empalme.Concello: Castroverde.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºSitioCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

2LamelaPradoHerminia Goy AdrioVilar, 21-Moreira

27120-Castroverde

111.488384

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºSitioCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

5Os EspiñosPrado e lab.María Goy AdrioPoblado de Almendroles

R/ Tomelloso, 19 A

28026-Madrid

24384

Expediente nº: 2441 A.T.Provincia: Lugo.

Liña a: 20 kV e C.T. en Recesende.Concello: Castroverde.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºSitioCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

6O BurdocedoLaborRamiro Fernández Díaz Rpta.

José Fernández Díaz

R/ La Marroquina, 114-6º D

28030-Madrid

4136624

95-0694