Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/166-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.A., R.B.T. en Ventosa.

Situación: Betanzos.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoio de formigón e conductor LA-56, de 30 m de lonxitude, con orixe na liña Roxos-Trasmonte (Expte. 27224) de 30 m de lonxitude, e final no C.T. Ventosa.

Centro de transformación aéreo, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Ventosa, do que parte unha rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1481 m de lonxitude, discorrendo polo lugar. Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

597