Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/144-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., en Borneiro.

Situación: Cabana.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 4.329 m de lonxitude, con orixe na liña Ermida-Anos (Expte. 52652) e final no C.T. Borneiro.

Centro de transformación aéreo, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-,220 kV, en Borneiro, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 150 m de lonxitude. Cabana.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-0688