Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e centro de seccionamento na rúa Celso Emilio Ferreiro, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. 30.09 Mourente-Sanxenxo ata o centro de seccionamento proxectado na rúa Celso Emilio Ferreiro, concello de Pontevedra.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 8 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.
Centro de seccionamento con tres celas de liña CML-SF6.
Orzamento: 2.098.805 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 12 de xaneiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-0684