Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión da explotación Forna número 2.342.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que con data 11-12-1995 a Dirección Xeral de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, outorgou a concesión de explotación nomeada Forna nº 2.342 dunha cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental que se sitúa no termo municipal do Porriño, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime de minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 11 de xaneiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-0691