Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1996, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de impacto ambiental da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense. Clave: AG/SC/94.1.

Aprobado técnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, do 21 de decembro de 1995, o estudio informativo da Autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, clave: AG-SC-94.1, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoas que o estimen oportuno, poidan formular por escrito ante a Subdirección Xeral de Estradas, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia; sinálase que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e nas delegacións provinciais da dita consellería afectadas pola autoestrada.

Así mesmo sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no

estudio informativo durante o período de 30 días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 442/1990, do 12 de setembro, de evaluación de impacto ambiental de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1996.

Guillermo Grandío Chao

Subdirector xeral de Estradas

748