Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.171

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (397/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo nº 397/1994, a pedimento da procurdora Soledad Sánchez Silva, en representación de Banco de Galicia, S.A., contra José Duro Mato e Sara Rodríguez Bello, sobre reclamación de cantidade, e nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e logo de valoración por perito, os bens embargados que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o día 29 de marzo, ás 10.15 horas, consonte as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 12.480.000 ptas. sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación, deberán os licitadores consignar previamente na conta de depósitos deste xulgado, conta nº 1500-17-0397-94, o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do tipo do remate.

4. Reservaranse en depósito, a pedimento do acredor, as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

5. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, e deberán os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

6. As cargas e gravames anteriores e os presentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, e enténdese que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 26 de abril, ás 10.15 horas, nas mesmas

condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será do 75% da primeira; e, caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 30 de maio, ás 10.15 horas e rexerán para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens obxecto de poxa.

Parcela número 870 da zona de concentración parcelaria de Santa María de Figueiras, no concello de Santiago de Compostela, terreo dedicado a labradío, monte, ermo e inculto, no lugar de Foxo, de 6 áreas e 30 centiáreas, no cal hai construída unha casa composta de semisoto, planta principal e faiado, destinada a vivenda, sinalada co número 8, hoxe 22, do lugar de Moas de Abaixo, parroquia de Santa María de Figueiras, concello de Santiago de Compostela.

Inscrita no rexistro Núm. 2 de Santiago de Compostela, inscrición 1ª do predio 17.550, que consta no folio 176, libro 182, sección segunda, tomo 1.140.

En Santiago de Compostela o dous de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

95-0683