Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.167

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

CÉDULA de emprazamento (272/1995).

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia desta vila, en resolución do día da data, dictada en autos de xuízo de cognición seguidos neste xulgado co número 272/1995 por instancia de Antonio Pedreira Vázquez, representado polo procurador Antonio Cuns Núñez, contra Aurora Martínez Mosquera, Monserrat Vázquez Martínez e José Vázquez Martínez, Jaime Vázquez Martínez, Luis Vázquez Martínez, Blanca Vázquez Martínez, Mercedes Vázquez Martínez, Purificación Vázquez Martínez e Jesús Vázquez Martínez, todos eles en paradoiro ou domicilio descoñecido. Por medio da presente cédula emprázase ós anteriormete citados, todos eles en paradoiro descoñecido ou incerto, co fin de que no prazo de dez días comparezan en legal forma nos presentes autos, baixo apercibimento de que, se non o verifican, recaerá sobre eles o prexuízo a que haxa lugar en dereito; fáiselles saber que a demanda e os documentos presentados nela están á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Para que conste e sirva de emprazamento ás persoas en paradoiro descoñecido, expido e asino esta cédula en Arzúa o trece de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

324