Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1996 pola que se lle concede á Federación Galega de Asociacións Provinciais Empresariais de Fontanería, Gas, Climatización, Mantemento e Afíns (Fegafon), a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada pola Federación Galega de Asociacións Provinciais Empresariais de Fontanería, Gas, Climatización, Mantenemto e Afíns (Fegafon), e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a cualificación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas grupos IG-I a IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

Esta Direccio Xeral de Industria,

RESOLVE:

Outorgarlle á Federación Galega de Asociacións Provinciais Empresariais de Fontanería, Gas, Climatización, Mantenemto e Afíns (Fegafon), a cua

lificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaldores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidad Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, presentará perante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, fotocopia da presente resolución, táboa de tarifas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo destas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós 2 anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria, o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

95-0739