Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.141

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xaneiro de 1996 pola que se aproban os novos estatutos da Fundación Rosendo Crespo Millor e se inscriben no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de modificación dos seus estatutos, promovido pola Fundación Rosendo Crespo Millor.

Resultando que esta fundación foi clasificada como benéfico-docente por orde do Ministerio de Educación do 8 de xullo de 1966, atopándose inscrita no Rexistro de Fundación desta consellería.

Resultando que a Fundación Rosendo Crespo Millor solicitou perante esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación dos seus estatutos para adaptalos á lexislación vixente, sen varia-la súa finalidade.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da referida fundación.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modifica-los seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron os requisitos esixidos no artigo 10 da Lei 7/1983, e 32.3º e 28 do devandito regulamento.

Considerando que os novos estatutos cumpren as esixencias dos artigos 5, 6 e 7 da Lei 7/1983, e que son coformes coa vontade fundacional.

Esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-los novos estatutos da Fundación Rosendo Crespo Millor, segundo consta en escritura pública do notario de Vilalba (Lugo), Juan Cora Guerreiro, do 29 de maio de 1995 (protocolo nº 664).

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrarán en vigor os novos estatutos.

Terceiro.-A presente resolución pon fin á vía administrativa, consonte co establecido no artigo 109.c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-0682