Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 18 de decembro de 1995, acordou aprobar difinitivamente o estudio de detalle para o cuarteirón delimitado polas rúas Avda. dos Caídos, Monte das Moas, Angela B. de Soto, e paralela a José Mª Hernansaez, co fin de modifica-la tipoloxía de edificación de cuarteirón con patio a cuarteirón compacto.

o que se fai público, significando que, contra o anterior acordo pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no Art. 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberase comunicar previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

A Coruña, 28 de decembro do 1995.

O alcalde

Rubricado

0894