Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo trámite de urxencia, para a contratación de servicios de osixenoterapia, aerosolterapia e ventiloterapia a domicilio na provincia de Lugo.

Concurso: procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de osixenoterapia, aerosolterapia e ventiloterapia a domicilio ós beneficiarios da Seguridade Social na provincia de Lugo.

Orzamento: 136.638.000 ptas.

Garantía provisional: 2.732.760 ptas.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de condicións administrativas particulares e precricións técnicas pódense solicitar na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Servicio de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo de San Caetano, bloque 2, 2º Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil desde a súa publicación e segundo establece o apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma en que nel se sinala.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

0895