Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

NOTIFICACIÓN de requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan por resultaren descoñecidos os seus domicilios (expediente PO-83/450, conta 38 e tres máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e domicilios que a continuación se relacionan, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido da VPO, Decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento da VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan.

Por aplicación do artigo 142 do Regulamento de VPO antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concedéselles ós interesados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan o corrente no pagamento ou comparezan en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente para os efectos de presentar documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

Advírteselles que, en caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda para á súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

-Odilio Meijide Vidal.

Expediente: PO-83/450. Cta. 38.

R/ Conde de Torrecedeira, 73, 3º F.

Vigo-Pontevedra.

1.110.325 ptas.

-Roberto A. González Ordeás.

Expediente: PO-83/540. Cta. 64.

R/ Anduriña, nº 5, bloque 1, 9º G.

Vigo-Pontevedra.

859.566 ptas.

-Juan Fuentes Calviño.

Expediente: PO-82/030. Cta. 185.

R/ Rafael Ablerti, portal 2, 3º A.

A Coruña

685.792 ptas.

-Julio González Freire.

Expediente: PO-83/500. Cta. 1.

R/ Val Miñor, nº 5, 1º A.

Vigo-Pontevedra.

845.605 ptas.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

573