Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios de Compraventa de Ganado Vacuno.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Manuel Galván González, co visto e prace do seu presidente, na que se reflecte o acordo acadado na asemblea xeral, celebrada o día 1 de decembro de 1995, consistente na modificación da súa actual denominación pola de Asociación Galega de Empresarios do Gando Agega, o seu ámbito territorial e outros artigos.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

601