O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada en data do 4 de outubro de 1995, incia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte comunal de Saa, integrado por dúas parcelas denominadas Rincha, Salgueiras, Espiño e Cotaro, dunha superficie aproximada de 89.010 m e 39.160 m, respectivamente, como pertencente ós veciños de Saa, parroquia de Seoane no concello do Carballiño (Ourense), noméanse instructores do expediente a Miguel Ángel González Trigás e José Manuel Baltar Blanco, o que se publica de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23-9-1992) polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Ourense, 11 de xaneiro de 1996.
José Manuel Baltar Blanco
Instructor
479