Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 11 de xaneiro de 1996 relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte comunal de Esgueva a favor dos veciños de Esgueva, parroquia de Madarnás, no concello do Carballiño.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada en data do 4 de outubro de 1995, incia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte comunal de Esgueva, integrado por dúas parcelas denominadas Rega de Arriba e Rega de Abaixo, dunha superficie aproximada de 23,2 ha, pertencente ós veciños de Esgueva, parroquia de Madarnás no concello do Carballiño (Ourense), noméanse instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e José Manuel Baltar Blanco, o que se publica de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23-9-1992) polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 11 de xaneiro de 1996.

José Manuel Baltar Blanco

Instructor

531