Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 413/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de desvío de liñas na estrada C-533 Lalín-Alto do Faro, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a variante I no apoio n.3 da L.M.T. ós CC.TT. Pardesoa e Porcallos, rematando no apoio n.4 da mesma liña, concellos de Rodeiro e Lalín.

Finalidade da instalación: desvío de liñas por construcción dunha estrada.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 134 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón

R.B.T., aérea, de 3.450 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 9.565.485 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 26 de decembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9600449