Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 399/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha central de coxeración en Mosende, O Porriño, coas seguintes características especiais:

Peticionario: José Piñeiro González e Hijos, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Mosende, concello do Porriño.

Finalidade da instalación: producción de enerxía eléctrica e aproveitamento da calor residual.

Características principais: 2 grupos moto-alternador de 2.250 kW cada un, 2 caldeiras de recuperación, sistema de almacenamento de combustible, e equipos de transformación e acomplamento á rede da empresa subministradora.

Orzamento: 469.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 21 de decembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-0450