Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Xustiza e Interior, pola que se fan públicas as resolucións dos expedientes sancionadores GA-164-4/1993 e GA-165-4/1993.

Expediente sancionador: GA-164-4/1993.

Intentada a notificación directa ó interesado da resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte resolución:

Sancionar á empresa operadora Recreativos Choco, S.L., solidariamente co seu xerente/apoderado Jorge Fraiz Domínguez, con multa de duascentas mil pesetas (200.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29.i da Lei 14/85, modificada por Lei 7/91, e sancionable a través dos Arts. 31 e 32 da Lei 14/85, por ter en explotación unha máquina recreativa tipo B sen ter toda a documentación esixida pola lexislación vixente, no establecemento Cafetería Gil sito na Avda. Florida, 28 de Vigo, na data 27 de decembro de 1993.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, na forma prevista na Lei xurisdiccional, do 27 de decembro de 1956, do contencioso-administrativo, e no Art. 110 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311.500.6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Expediente sancionador: GA-165-4/1993.

Intentada a notificación directa ó interesado da resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte Resolución:

Sancionar á empresa operadora Recreativos Choco, S.L., solidariamente co seu xerente/apoderado Jorge

Fraiz Domínguez, con multa de cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29.i da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991, e sancionable a través dos Arts. 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter en explotación dúas máquinas recreativas (A e B) sen ter toda a documentación esixida pola lexislación vi xente.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, na forma prevista na Lei xurisdiccional, do 27 de decembro de 1956, do contencioso-administrativo, e no Art. 110 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o se guinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311.500.6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1996.

Joaquín Macías Sánchez

Director xeral de Xustiza e Interior

0152