Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Santabaia.
Situación: Taboada.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 968 metros, sobre postes de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre postes de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25 mm Al, cunha lonxitude de 292 metros, para mellora do servicio eléctrico en Santabaia, no concello de Taboada.
Orzamento: 4.947.655 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de trinta días.
Lugo, 26 de decembro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-0412