Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/202-2, libro de rexistro: 4456 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2819/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Bustofrío.

Situación: Samos.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, con apoios de formigón e unha lonxitude de 819 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/398-230 V -2,5% -5%, en apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-25, cunha lonxitude de 120 metros, para mellora do servicio eléctrico en Bustofrío, no concello de Samos.

Orzamento: 4.250.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-0414