Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/198-2, libro de rexistro: 4458 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. de distribución tipo soto na r/ Carud.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea en conductor R.H.V./150, cunha lonxitude de 340 metros. Centro de transformación de distribución tipo soto de 630 kVA 20.000/380-220 V, con dúas celas de liña e unha cela de protección, para mellora do servicio eléctrico na zona, r/ Carud, en Monforte de Lemos.

Orzamento: 8.350.547 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-0417