Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/197-2, libro de rexistro: 4459 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Denominación: R.B.T. en S. Cristovo e Delle.

Situación: Paradela.

Descricións técnicas: rede de baixa tensión con conductor R.Z.-50-25, cunha lonxitude de 920 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de S. Cristovo e Delle, no concello de Paradela.

Orzamento: 1.900.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-0416