Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.029

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución conxunta do 21 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que ordea a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UXT, CSI-CSIF e SATSE, ésta última central en condición de adherida, sobre nomeamentos e contratos temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde.

Advertidos certos erros de transcrición na citada resolución, publicada no DOG nº 14, do 19 de xaneiro de 1996, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Primeira: na páxina 516, norma xeral 4ª, parágrafo 3º, a continuación de onde di: «... firme fundado en incumprimento grave do aspirante.», debe engadirse: «... , ou finalmente por ter sido penalizado con dita medida por renuncias reiteradas inxustificadas a nomeamentos ou contratacións».

Segunda: na páxina 516, norma xeral 4ª, parágrafo 8º, onde di: «... poderá solicita-la súa inclusión ...», debe dicir: «... deberá solicita-la súa inclusión».

Terceira: na páxina 520, no apartado referente a criterios de selección, parágrafo 9º, onde di: «... aplicaranse os baremos de méritos contidos neste pacto, que se valorarán ata un máximo de 20 puntos, resultantes da suma da puntuación que por cada apartado de méritos se estableza.», debe dicir unicamente: «... aplicaranse os baremos de méritos contidos neste pacto.», con exclusión do resto do contido do parágrafo.

Cuarta: na páxina 526, no apartado referente ó baremo de auxiliares de enfermería, parágrafo 5º, onde di: «No suposto de que as cualificacións non veñan especificadas por Áreas de coñecementos, a puntuación a acreditar será a seguinte:

Por cada sobresaliente9 puntos.

Por cada notable7 puntos.

Neste suposto, as disciplinas a avaliar serán:...», deberá dicir: «No suposto de que as calificacións non veñan especificadas por áreas de coñecementos, as disciplinas a avaliar serán:...»

Quinta: na páxina 528, a continuación do parágrafo 2º do apartado referente ás cuestións específicas a ter en conta na baremación, deberán engadirse o parágrafo seguinte : «A situación do desemprego valorarase, loxicamente, a partir da obtención da titulación de formación profesional, diplomatura, licenciatura, ou especialidade según corresponda, habilitadoras para o desempeño da praza á que se opte.»

587