Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Sociedad Electricista de Tui, con domicilio en Tui no que solicita autorización
para instalar un centro de distribución en Prado-Morgadáns, concello de Tui, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,
Autorizar a Sociedad Electricista de Tui a instalación dun centro de distribución en Prado-Morgadáns, concello de Tui.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 4 de decembro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-0353